Portada

O Don Hamlet de Cunqueiro:Unha ecuación teatral IBD

LAIOVENTO (IBD)
9788484876687
Gallec
ENSAIO
Darrers 60 dies
Teatre

Sinopsi

Este libro foi publicado por Luísa Villata en 1992 en Edicións Laiovento, unha editora que daquela tiña pouco mais dun ano de existéncia. De feito, o volume que agora reeditamos foi o número 9 da sua colección xeral.

A peza O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, a pesar da sua transcendencia tanto social como literaria, foi pouco ou case nada estudada até o momento en que Luísa Villalta abordou a sua análise, unha peza esquecida nos sotos do inmenso edificio que é a obra de Álvaro Cunqueiro.

Nacida baixo o signo da polémica, o autor confesa-nos en diversos lugares que esta obra é produto dos moitos anos que pasou a matinar na traxedia de Shakespeare intentando explicar-se a si mesmo a cuestión: quen é Hamlet? Eis a incógnita dunha ecuación que se formula única e exclusivamente en termos teatrais e cuxas raíces se perden nas mais remotas tradicións nórdicas.

Con este estudo, Luísa Villata procedeu a despexar brillantemente esa incógnita e moitas outras que envolven tan suxestivo tema co único propósito de explicar a xénese e elaboración da marabillosa solución que Cunqueiro soubo dar a esa pregunta.

PVP
13,95