Portada

Antón Avilés de Taramancos. Vida e obra

XERAIS
03 / 2003
9788483029473
Gallec
LETRAS GALEGAS
Biografia

Sinopsi

"Antón Avilés de Taramancos. Vida e Obra" fai un completísimo percorrido pola vida e a obra de Avilés de Taramancos da man de dúas das persoas que máis o trataron: Lola Arxóns e Xavier Castro, ámbolos dous profesores de literatura na vila de Noia e especialistas na súa obra. O libro consta ademais de numerosas fotografías e información gráfica cedida pola familia de Avilés. Ademais dos apartados de Vida e Obra, os autores elaboraron tamén unha e unha importante bibliografía de e sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2003. Este é un libro escrito coa paixón, a entrega e o coñecemento de quen tratou e conviviu con Avilés, gozando da súa amizade e mesmo do privilexio de ter lido os seus libros mesmo antes de que fosen publicados."Antón Avilés de Taramancos. Vida e Obra" non só é un excelente libro de iniciación para aqueles que queiran achegarse por primeira vez á figura do escritor noiés senón tamén unha achega ensaística de primeira man que bota luz sobre moitos aspectos escasamente tratados da vida e da obra de Avilés.Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na aldea noiesa de Taramancos, da que tirou o seu nome literario, Antón Avilés de Taramancos, o 6 de abril de 1935 e morreu na Coruña en 1992. En 1960 exiliouse en Colombia, país no que residiu durante vinte anos. De regreso a Galicia, incorporouse á vida social, política e cultural do país, sendo presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e concelleiro de Cultura de Noia pola BNG. Como poeta é autor de "As moradías do vento" (1955), "A frauta e o garamelo" (1958), "O tempo no espello" (1982), "Cantos caucanos" (1985, Xerais 2003), e "As torres no ar" (1989). En 1992 publicouse, de forma póstuma, "Ultima fuxida a Harar". Como narrador publicou "Nova Crónica das Indias" (1989, Xerais 2003). As súas colaboracións en prensa están recollidas en "Obra viva"(1992). Como dramaturgo escribiu na primavera de 1983 a peza "Tres capitáns de tempos idos", publicada por Xerais dentro da súa colección Merlín.

PVP
9,55