Portada

Ébora

XERAIS
9788483025970
Gallec
NARRATIVA

Sinopsi

Libardino Romero naceu cun «exceso de alma» e sete quilogramos de peso, aos cinco meses de ser concibido pola súa nai, a señora Pura, que fora curada de sífilis polo inventor do remedio universal. Farto da súa monótona existencia como auxiliar administrativo e dos sensabores da convivencia cunha muller autoritaria, obsesionada pola limpeza, decide partir na procura da felicidade, acometer, por fin, a tarefa imprescindible de soñar.Ebora, o universo referencial de Xosé Carlos Caneiro, é un espacio abisal onde as fronteiras son de licor e escuma, un lugar perdido entre montañas de neve e mimosas e perpiaño, rexo como o tempo, vila con máis de mil anos de melancolía cicatrices, un territorio de soños e marabillas. Unha vila que é o símbolo do que nos queda, que se salva da doenza terrible da fin do milenio: a estupidez, a estulticia, a televisión.Ebora, ao xeito dunha nova Odisea, é unha recreación, enchida de grandes doses de ironía e comicidade, dos grandes temas universais da literatura: a continua procura nostálxica do pasado e a fuxida, incontrolada e imprevisible, cara ao futuro, a busca do amor e da felicidade, batendo coa morte e o desencanto en calquera recanto.

PVP
25,20