Portada

A rebelión dos coellos máxicos

Dorfman, Ariel Traducció: Moo Pedrosa, Xosé Manuel
XERAIS
9788483026922
Gallec
MERLIN 9 ANOS
Literatura infantil: de 0 a 12 anys

Sinopsi

Cando os lobos se apoderaron do país dos coellos, o primeiro que fixo o xefe da manda foi proclamarse rei. O segundo foi anunciar que os coellos xa non existían. Quedaba terminantemente prohibido mencionar o seu nome polos séculos dos séculos. Sen embargo, os paxaros desde a altura seguían a ver coellos. O lobo, para que todo o reino soubese do seu poder, decidiu encargar a un mono fotógrafo as fotos das súas fazañas e obrigar aos paxaros a repartilas por cada casa. E sen embargo, os simpáticos coellos seguíanse a ver... A rebelión dos coellos máxicos é unha fábula mediante a que Ariel Dorfman representa o absurdo en que cae o poder despótico e un canto a favor da esperanza e da liberdade. A manipulación da información, a propaganda, a liberdade de expresión son algúns dos temas deste libro para os lectores de nove anos en diante, ilustrado pola alemana Anke Faust.

PVP
7,95